Novo estabilizador para móbiles de Insta360
xoves, 16 de xaneiro do 2025
O pasado verán Insta360 sorprendeu lanzando un estabilizador para móbiles que destacaba polo feito de ser compatible con Apple DockKit, ou sexa, que a súa función de seguimento podÃa empregarse dende as aplicacións de cámara nativas do iPhone, polo que ten grandes aplicacións para gravacións e directos de moitos tipos, e agora presentan a súa evolución, o Insta360 Flow 2 Pro.
Estamos ante o que promete ser o mellor estabilizador para smartphones do mercado, que repite a súa integración nas aplicacións nativas do iPhone, ofrece unha nova xeración da tecnoloxÃa de seguimento Deep Track 4.0 AI con seguimento de zoom activo e seguimento de varias persoas, e resulta moi práctico ao integrar patas de trÃpode e pau de selfie, converténdose nunha solución moi completa para a gravación de vÃdeo e a realización de directos dende o móbil.
Aparte da súa boa integración con iOS, o dispositivo tamén é compatible con Android, e en todos os casos ofrece numerosas funcións creativas para realizar tomas propias dun guindastre cinematográfico, picados e contrapicados estables, combinacións de movementos de varios tipos e incluso a posibilidade de que o estabilizador xire 360 graos de xeito ilimitado.
Entre as funcións avanzadas deste estabilizador está a posibilidade de contar cun modo de teleprompter (permitindo ler na pantalla do móbil mentres se realiza unha gravación ou un directo), ofrece a posibilidade de control remoto mediante Apple watch ou un segundo smartphone, ten un curioso espello pequeno na súa parte traseira para poder realizar autorretratos coa cámara traseira do teléfono e tamén conta con interesantes accesorios como un soporte magnético (para poder tirar proveito dos dispositivos con MagSafe).
O Insta360 Flow 2 Pro sae á venda na súa edición básica por 169,99 euros, aÃnda que resulta máis atractiva a súa edición para creadores por 199,99 euros (que inclúe adicionalmente 1 foco o soporte magnético) ou incluso a edición para vloggers por 213 euros (que inclúe 1 foco e unha montura para mochila).
VÃdeo de presentación do estabilizador Insta360 Flow 2 Pro