Novo lapis de Wacom para o iPad

martes, 20 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Para os profesionais que queiran debuxar directamente sobre a pantalla do seu iPad Wacom pon á venda por 99,90 euros o seu novo Intuos Creative Stylus, un lapis sensible á presión que permite debuxar, crear bosquexos e pintar no iPad co control artístico das ferramentas tradicionais grazas á tecnoloxía de rexeitamento de palma (que permite apoiar a man sobre a pantalla mentres debuxamos, sen deixar marca) e 2.048 niveis de presión (para crear uns trazados precisos).
Este lapis sen fíos é compatible co iPad mini e o novo iPad, dispositivos cos que comunícase a través de Bluetooth 4.0, activándose automaticamente ao utilizalo con aplicacións creativas que integren a tecnoloxía de Wacom. Amais, a creacións tamén poden trasladarse ao ordenador para darlles uns toques finais en aplicacións como o Adobe Photoshop.
O Intuos Creative Stylus funciona cunha pila AAAA (que permítelle superar as 150 horas de uso), mide 135 milímetros de longo, ten un diámetro de 10 milímetros e só pesa 25 gramos. Está dispoñible en cor negro ou negro/azul.

PUBLICIDADE