Novo número da nosa edición impresa

luns, 20 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos avances na penetracións da Rede en fogares e empresas, á celebración da G-Night e ao progreso cara á Cidade das TIC como unha realidade. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Dinahosting móstranos como elixir o nome máis acaído de dominio para o noso proxecto
– O CITIC e o Concello da Coruña colaboran para deseñar unha zona de baixas emisións
– O Cheque Dixital pon en xogo importantes axudas para transformar o noso negocio
– Chega un novo marketplace galego destinado a revolucionar a Rede: Sabor Rural
– A Xunta enche as redes cunha campaña para pecharmos fileiras arredor dos produtos do mar
– O enxeñeiro en Informática Carlos Eloy López, Premio Traxectoria Profesional do CPEIG
– Intelixencia artificial, nesgos e xustiza, por Fernando Suárez (presidente do CPEIG)
– O Porto de Vigo acolle casos de uso da 5G orientados á seguridade
– O Concello de Compostela impulsa unha web coas principais rutas que circundan a cidade
– A directora de GAIN visitou as sedes de Alen Space, Insitu e 3edata
– As operadoras enfían a recta final con diversas accións anti-fenda dixital
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Os certames Youtubeiras e Carballo Interplay premian e reivindican novos xeitos de crear
– Os Ancares fanse fortes na Rede nun novo portal co apoio de Política Lingüística
– A novela interactiva Ti Primeiro xa superou as 10.000 descargas

PUBLICIDADE