Novo portátil con pantalla 3D de Samsung

luns, 13 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Pensando nos xogadores para PC máis esixentes que queiran gozar das súas partidas en mobilidade Samsung renova a a súa familia de portátiles Series 7 Gamer, que agora conta cun modelo Yellow 3D, ou sexa, cunha carcasa de cor amarelo e unha pantalla LED 3D (con lentes) de 14,3 polgadas e grande brillo que pode amosar gráficos de grande calidade grazas ao procesador gráfico AMD Radeon HD 7870M. Para achegar unha experiencia de uso moi áxil este equipo opta por integrar unha unidade SSD de 128 Gb (co que consegue un inicio do sistema moi rápido) e un disco duro de 1 Tbyte (para poder ter unha boa capacidade de almacenamento).
Este equipo sae á venda mañá mesmo en Corea do Sur por 2.99 millóns de wons (2.144 euros), e aínda non se anunciou cando chegará ao resto de mercados.

O novo equipo está deseñado para permitir gozar en 3D dos últimos videoxogos

PUBLICIDADE