Novo proxector DLP con capacidades 3D de Optoma
mércores, 20 de marzo do 2013
Para
os que buscan un proxector de vÃdeo cunha boa relación entre prestacións e
prezo poden ter en conta agora o novo Optoma
DX330, que cun
prezo de 439 euros ofrece un brillo de 2.800 lumenes ANSI e un contraste de
13.000:1, tecnoloxÃa DLP, lámpada cunha vida de ata 10.000 horas (dependo do
seu modo de uso) e mesmo compatibilidade con 3D (aceptando sinais de Blu-ray, PS3, Xbox 360 e practicamente calquera fonte de vÃdeo estereoscópico estándar).
Este proxector DLP ten unha resolución nativa de 1.024 x 768 pÃxeles, pode xerar
unha imaxe de 4:3 cunha diagonal de entre 0,69 e 7,62 metros (unhas 300
polgadas) a distancias de entre 1,2 e 12 metros, conta con entradas HDMI, VGA,
S-Video, vÃdeo composto e audio, mide 316 x 224 x 124 milÃmetros e pesa 2,21
quilogramos.
- O Optoma DX330 ten unha boa conectividade