Novo rato táctil de Verbatim

luns, 24 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Tras a chegada do Magic Mouse de Apple, moitos son os fabricantes que procuran achegar ao mercado ratos informáticos con superficie táctil, evitando así pezas móbiles coma botóns ou a roda de desprazamento, e unha das últimas compañías en anunciar un rato deste tipo resulta ser Verbatim, que co seu Wireless Optical Touch Mouse permite aos usuarios de Windows 7 mellorar a súa experiencia de uso do Internet Explorer ou de Windows Live Photo Gallery mediante xestos táctiles, á vez que tamén soporta os xestos tradicionais nos ratos con botóns físicos.
Este rato funciona cun receptor USB de tamaño reducido que opera na banda dos 2,4 GHz. É compatible con Windows 7/Vista/XP, precisa de 2 pilas AA para operar e chegará ás tendas en breve, descoñecéndose polo momento a data e o prezo do seu lanzamento.

PUBLICIDADE