Novo móbil de pulso con correa de silicona

luns, 13 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Unha aparencia semellante á funda de silicona Slap de Griffin que convertía un iPod nano nun reloxo de pulso, chega o sWaP Rebel, un auténtico móbil de pulso, cunha pantalla táctil de 1,46 polgadas cunha resolución de 176 x 132 píxeles, conectividade GSM, cámara (fotográfica e de vídeo), micrófono para poder operar en mans libres, reprodución multimedia (MIDI, WAV, AAC, MP3, 3GP e MPEG-4) dende tarxetas microSD (de ata 8 Gb, incluíndo de serie unha de 2 Gb), radio FM, conectividade USB 2.0 e Bluetooth (para transferencia de datos, para mans libres ou para a reprodución musical en estéreo), batería de 240 mAh (o que permítelle unha autonomía en conversa de entre 130 e 160 minutos e de 85 horas en espera), unhas medidas de 205 x 46,5 x 17,5 milímetros e pesa 65 gramos.
Está dispoñible en varias cores (negro, rosa, laranxa, branco e verde) e xa á venda no Reino Unido por 199 libras esterlinas (uns 235,78 euros). Como curiosidade pódese comentar que a súa correa de silicona é resistente á auga e o trebello pode conectarse por USB a un ordenador tanto para a transferencia de datos como para recargar a súa batería.

O reloxo pode cargarse por USB

PUBLICIDADE