Novo reloxo deportivo de Garmin
venres, 28 de outubro do 2011
Os amantes do deporte teñen agora un novo reloxo
de pulso de Garmin para facilitarlle o rexistro dos seus adestramentos, para
manter a súa motivación e poder comprobar os seus progresos, sen chegar a
dispositivos especialmente avanzados e de elevado prezo, pois o Garmin FR70
é un reloxo deportivo que realiza un seguimento dos tempos, da frecuencia
cardÃaca e das calorÃas queimadas, compatible con dispositivos ANT+, que
incluso pode empregarse en combinación cunha báscula de análise corporal Tanita
BC-1000 (almacenando as súas lecturas no reloxo para logo envialas posteriormente
a Garmin Connect (grazas á sincronización sen fÃos do FR70 co PC/Mac).
Este novo reloxo chegará
ao mercado no mes de novembro en versións para home e muller a un prezo de 139
euros, no que parece un lanzamento pensado na tempada de Nadal.