Novo eReader de Energy Sistem
luns, 16 de abril do 2012
O vindeiro 14 de xuño Energy Sistem porá á venda un
dispositivo semellante a un tablet (pero sen conectividade sen fÃos) que dan en chamar Energy
Color eReader C8+ Touch Titanium Grey, que pretende servir para a lectura
de libros e comics, escoitar música, visualizar fotografÃas, escoitar radio FM
e reproducir vÃdeos en alta definición na súa pantalla táctil de 8 polgadas
cunha resolución de 800 x 600 pÃxeles (4:3), que venderán por 119 euros.
Este dispositivo con pantalla de cor (LCD e non de tinta electrónica) ten unha memoria
interna de 8 Gb ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 16 Gb, soporta
ficheiros PDF e ePUB protexidos con DRM, a súa baterÃa achégalle unha autonomÃa
de ata 6 horas de lectura e 4 horas de reprodución de vÃdeo e conta cunha saÃda
de vÃdeo para poder ver os seus contidos nun televisor. Cifra as súas medidas
en 214 x 165 x 8,5 milÃmetros e o seu peso en 465 gramos.
- O Energy Color eReader CB+ Touch Titanium ten unha pantalla táctil de 8 polgadas