Novo tablet chinés con controis fÃsicos para unha mellor experiencia de xogo
luns, 5 de agosto do 2013
Os afeccionados aos videoxogos que gusten tanto dos tÃtulos
para dispositivos móbiles co sistema operativo Android ou de xogos clásicos a
través da emulación teñen como unha moi boa opción certos tablets chineses que
integran controis fÃsicos como o JXD S7300, do que falamos a primeiros de
ano, e do que agora sabemos dun modelo máis moderno, o JXD
S7800B, que sairá a finais de agosto ou primeiro de setembro a un prezo de
169,99 dólares (uns 128 euros con portes incluÃdos) que supón unha mellor
moi significativa, por funcionar cunha pantalla IPS de 7 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, procesador RockChip 3188 de catro núcleos a
1,8 Gb (con gráfica Mali 400), 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb) e sistema operativo Android 4.2.2.
Este atractivo tablet orientado ao xogo inclúe 9 emuladores que facilitan o uso
de xogos da primeira PlayStation, de Ninntendo 64, recreativas de Capcom e
Neo-Geo, Game Boy Advance, Nintendo, Super Nintendo e Megadrive, pode aproveitar
os seus mandos fÃsicos con xogos que soporten tal función ou a través dunha
ferramenta que mapea os controis
táctiles cos mandos fÃsicos e tamén permite a reprodución multimedia de vÃdeos
ata 1.080p (contando con saÃda HDMI para poder velos no televisor). Este atractivo
trebello conta con cámara traseira de 0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, USB 2.0 e baterÃa
de 5.000 mAh, e os usuarios que queiran gozar dun modelo máis portátil, tamén chegará con pantalla de 5
polgadas como JXD S5800.
- O tablet JXD S5800 será un modelo semellante ao S7800, pero con pantalla de 5 polgadas