Novo teclado multi-dispositivo de Samsung

martes, 27 de abril do 2021 Marcus Fernández

Coa portabilidade e o uso de múltiples dispositivos en mente deseñouse o Smart Keyboard Trio 500, un novo teclado portátil de Samsung que comunícase sen fíos a través de Bluetooth e que pode emparellarse con até 3 dispositivos, podendo alternar entre eles con só premer un botón, facilitando así a multitarefa en calquera dos dispostiivos. Deste xeito, se estamos a escribir notas no ordenador, podemos pasar a responder unha mensaxe no smartphone de xeito áxil.
O Samsung Smart Keyboard Trio 500 tamén conta con tres teclas personalizadas para a apertura as tres aplicacións que desexemos, e dado que estamos ante un produto de Samsung, tamén se tivo en conta no seu deseño o modo DeX dos dispositivos Galaxy, polo que tamén conta cun atallo para activar este modo que fai que o smartphone ou a tableta poida funcionar como un ordenador con Android.
Este novo teclado, cun tamaño de teclas case completo, prescinde do teclado numérico para poder ter un tamaño compacto e un peso lixeiro, xa que está deseñado coa vista posta na mobilidade. Chegará ás tendas no mes de maio.

O novo teclado conta cun atallo para activar o modo DeX

PUBLICIDADE