Novo todo-en-un con pantalla táctil de MSI

mércores, 4 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Esta semana no CeBIT de Hannover están a amosar o novo ordenador todo-en-un de MSI, o Wind Top AE2010, que conta cunha pantalla táctil de 20 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, cun chipset 780G de AMD e un chip UVD que é capaz de procesar vídeo en alta definición. Tamén integra cámara web, altofalantes, lector de tarxetas de memoria, unidade de discos ópticos e opcións de conectividade sen fíos, aínda que non se anunciou nin a data de lanzamento nin o prezo que terá este equipo que ten toda a pinta de converterse nun HP TouchSmart barato.
MSI tamén conta con versións de este equipo con pantallas de 19 e 22 polgadas, formando unha familia de ordenadores Wind Top que poden situarse no mercado como unha atractiva solución multimedia, especialmente para o uso doméstico e máis desenfadado.

PUBLICIDADE