Novo todo-en-un de Dell con pantalla táctil

martes, 15 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Os atractivos dos ordenadores todo-en-un son evidentes, xa que combinan un deseño elegante e un tamaño compacto, resultando especialmente axeitados como centros multimedia para o fogar, pero que nos últimos tempos están a integrar máis prestacións facéndoos aínda máis interesantes para os consumidores, como acontece co Inspiron One 2320 de Dell, que está construído nunha pantalla WLED de 23 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles con panel multi-táctil, contendo o seu prezo nuns discretos 599 euros.
O Dell Inspiron One 2320 funciona cun procesador Intel Pentium G620 a 2,6 GHz, 4 Gb de RAM, disco duro de 500 Gb, gravadora de DVD (con opción de configurarse cunha gravadora Blu-ray), gráfica Intel HD Graphics 2000, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, Gigabit Ethernet, 6 portos USB 2.0, portos VGA e HDMI, lector de tarxetas de memoria 8-en-1, e unhas medidas de 567 x 397 x 68 milímetros. O seu sistema operativo é o Windows 7 Home Premium de 64 bits.

O Dell Inspiron One 2320 é ideal para o fogar ao ocupar pouco espazo

PUBLICIDADE