Novo ultraportátil a 279 euros

luns, 14 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os ordenadores ultraportátiles non paran de chegar ao mercado, e a empresa xermana Fukato lanza Datacask, un equipo con pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador AMD Geode LX 800 a 500 MHz, 512 Mb de RAM, disco duro de 60 Gb, Wi-Fi, lector de tarxetas de memoria, Linux preinstalado, unha autonomía dunhas 3 horas e só 1,1 Kg de peso. O seu prezo de venda ao público será de 279 euros.

PUBLICIDADE