Novos barebones sen ventilador de Shuttle

venres, 29 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran gozar dun ordenador silencioso e que ocupe pouco espazo poden optar polo novo produto de Shuttle, o Barebone XS35V3, que en só 25,2 x 16,2 x 3,85 centímetros agocha un procesador Intel Atom D2700 de dobre núcleo a 2,13 GHz que cun sistema de alimentación sen ventilador pode achegar ata 27 vatios e que pode albergar no seu interior unha unidade óptica DVD ou Blu-ray e disco duro SATA (ou unha unidade SSD). Aínda que inicialmente está dispoñible nun modelo moi básico, cunha gráfica integrada Intel GMA 3650 a un prezo que parte dos 172 euros, tamén conta cun modelo XS35GTA V3 que parte dun prezo de 233 euros e que inclúe unha gráfica AMD Radeon HD 7410M con 512 Mbytes de RAM, capaz de manexar gráficos 3D e soportar vídeo Full HD.
Estes pequenos equipos poden engancharse na parte traseira dun monitor mediante un adaptador VESA e entre as súas características están 2 fendas de memoria (o que permite a instalación de ata 4 Gb), son 7.1 integrado, 1 porto Gigabit Ethernet, lector de tarxetas de memoria 4-en-1, Wi-Fi N, saídas de vídeo VGA e HDMI, 5 portos USB 2.0 e tomas de micrófono e auriculares.

Estes barebones poden conectarse á parte traseira de monitores grazas a un adaptador VESA

PUBLICIDADE