Novos concentradores USB de Star Wars

xoves, 26 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados a Star Wars poderán contar en breve con dous novos dispositivos USB coa aparencia do robot R2-D2 e de Darth Vader, que actúan coma concentradores USB. Estes trebellos miden 15 centímetros de alto, inclúen 4 portos USB 2.0 e se venderán no verán no Xapón a 7.140 iens (uns 42,84 euros).
O concentrador baseado en R2-D2 move a cabeza e emite os sons habituais do personaxe das películas de George Lucas cada poucos minutos, mentres que o concentrador incorporado nun busto de Darth Vader presenta uns ollos brillantes e tamén incorpora efectos de son.
Ambos elementos son merchandising oficial que se está a presentar nunha feira de xoguetes de Tokyo, polo que aínda que nun principio só se vendan no Xapón é de agardar unha comercialización global.


O concentrador USB de R2-D2 en vivo

PUBLICIDADE