Novos dispositivos PLC de brite-View

mércores, 10 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A tecnoloxía PLC resulta moi atinada para conectar equipos informáticos en rede sen precisar da instalación dunha nova rede de cable e sen ter que lidiar coas limitacións do Wi-Fi, de aí que brite-View presente o LinkE, un novo kit baseado na tecnoloxía PLC que está pensado especialmente para a transmisións de vídeos en alta definición dentro do noso fogar, pois permite establecer conexións de ata 200 Mbps, o que tamén pode aproveitarse para conectarse á Internet.
Esta nova solución venderase inicialmente a un prezo promocional de 89,99 dólares (65,90 euros), incluíndo un bridge Ethernet pensado para conectar, por exemplo, a un router, e un conmutador de 4 portos co que comunicarse a través da rede eléctrica.

PUBLICIDADE