Novos móbiles de gama media de POCO

xoves, 23 de xuño do 2022 Marcus Fernández

POCO, a marca de Xiaomi, organizou un evento de lanzamento para os seus novos POCO F4 e POCO X4 GT, un par de smartphones de gama media moi interesantes polas súas elevadas prestacións a un prezo relativamente axustado.
O POCO X4 GT é un smartphone cun potente procesador MediaTek Dimensity 8100, memoria LPDDR5, almacenamento UFS 3.1, refrixeración mediante cámara de vapor, pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas cunha velocidade de refresco dinámica de até 144 Hz e soporte de Dolby Vision, unha batería de 5.080 mAh con carga rápida de 67 watts, cámara traseira tripla cun sensor principal de 64 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, altofalantes estéreo con Dolby Atmos, NFC, emisor de infravermellos e lector de impresións dixitais lateral, que véndese a 379,99 euros na súa versión con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 256 GB de capacidade custa 429,99 euros.
Por outra banda, o POCO F4 vén a ser unha alternativa económica ao POCO F4 GT, que está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 870 con 5G, memoria LPDDR5, almacenamento UFS 3.1, refrixeración por cámara de vapor, pantalla AMOLED Full HD+ de 6,67 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, batería de 4.500 mAh con carga rápida de 67 watts (de xeito que pode realizar unha carga completa en 38 minutos), cámara traseira tripla de 64 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe, cámara frontal de 20 Mpíxeles, altofalantes estéreo con Dolby Atmos, NFC, lector de impresións dixitais lateral, emisor de infravermellos, un grosor de 7,7 milímetros e un peso de 195 gramos, que véndese a 399,99 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que a versión con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento ten un prezo de 449,99 euros.

Evento de presentación do POCO F4 e do POCO X4 GT

PUBLICIDADE