Novos obradoiros para apoiar o crecemento e consolidación de empresas tecnolóxicas
mércores, 2 de maio do 2012
No marco do
Programa TICEmprende, a ConsellerÃa de EconomÃa e Industria vai poñer en
marcha, a partir do vindeiro 28 de maio e a través de BIC Galicia, unha nova
serie de obradoiros prácticos que pretenden contribuÃr á implantación
efectiva de procesos de mellora nas novas empresas tecnolóxicas galegas, a
través do emprego de novas técnicas e ferramentas de xestión empresarial que
conduzan a súa consolidación e a un incremento significativo da súa
competitividade.
O obxectivo
deste obradoiros é o de achegar novas tendencias e oportunidades de negocio
para as empresas TIC que contribúan a orientar os seus procesos de innovación e
a afianzar o seu posicionamento no mercado. Este programa formativo basease
nunha metodoloxÃa de traballo asistida, interactiva e eminentemente práctica,
mediante a que se analiza a casuÃstica das empresas participantes, combinando
aprendizaxe con acción. As sesións formativas son guiadas por un
consultor-facilitador, especialista na implantación de novas técnicas de
xestión e con ampla experiencia na temática.
Esta
iniciativa dirÃxese ás empresas do sector TIC, fundamentalmente a PEME e micro PEME en fase de consolidación,
constituÃndo o seu público obxectivo os empresarios, directivos, responsables
de área, técnicos e profesionais de empresas TIC involucrados no
desenvolvemento ou mellora da área temática sobre a que trate cada un dos
obradoiros. Prevese a participación de máis de 50 PEME do sector nos diferentes
obradoiros, que terán lugar en Santiago, A Coruña e Vigo.
Durante
estes obradoiros abordaranse temas de especial relevancia para as empresas
sector, como as oportunidades de negocio baseadas en software libre e
ecosistemas open, as estratexias avanzadas na internacionalización de empresas
TIC, o deseño rápido de novos modelos de negocio ou o TIC branding, a xestión de marcas neste sector.
A inscrición
aos obradoiros TICEmprende xa está aberta a través da páxina web de BIC
Galicia.