Novos reprodutores multimedia de Energy Sistem con altofalante frontal

mércores, 13 de maio do 2009 Marcus Fernández

Energy Sistem incorporou ao seu catálogo unha nova gama de reprodutores multimedia que responde ao nome de serie 30 que está composta por dispositivos cunha capacidade de almacenamento interna de entre 2 e 16 Gb a prezos de venda que van dende os 53,90 ata os 99,90 euros.
Estes reprodutores contan cunha pantalla LCD de 1,8 polgadas, altofalante frontal, 2 saída para auriculares (incluso trae de serie 2 pares de auriculares intrauditivos con imán de neodimio), radio FM (con posibilidade de gravación) e gravadora de voz (con micrófono integrado). Reproduce música en formato MP3, WMA e WAV, vídeo en MPEG-4 (especificamente en XviD en AVI con audio MP2) e tamén permite visualizar imaxes en JPG e textos.
Miden 70 x 40 x 12 milímetros e só pesan 40 gramos. Para mellorar o seu atractivo, están dispoñibles en diversidade de cores.

A serie 30 de Energy Sistem conta con reprodutores multimedia portátiles de distintas cores

PUBLICIDADE