O 79% dos móbiles de R xa operan na rede do Grupo MásMóvil
xoves, 23 de decembro do 2021
O operador de telecomunicacións R informa de que 290.000
das súas 367.000 liñas móbiles particulares veñen de mudar de rede para
pasar a depender o seu servizo da rede do Grupo MásMóvil, ao que pertence o
operador con sede en Galicia.
O cambio de rede móbil foi transparente para os usuarios e desenvolveuse ao
longo de tres semanas sen incidencias, o que deberÃa supor unha mellor de
cobertura móbil a nivel estatal grazas a acordos de compartición de redes con
outros operadores (principalmente con Orange España).
Tras as primeiras probas realizadas aseguran que a metade dos clientes de R
melloran a súa cobertura de xeito significativo en numerosos concellos galegos.
Durante os vindeiros meses R migrará o resto das súas liñas móbiles
residenciais á rede de MásMóvil.