O Aaxa P4 é o pico proxector con baterÃa máis brillante do mundo
luns, 17 de outubro do 2011
Aaxa
Technologies incorporou ao seu catálogo o pico proxector P4,
que presume de ser o máis brillante do mercado alimentado por baterÃa, cun
sistema de iluminación LED que chega aos 80 lumens, o que continúa
a estar moi lonxe dos proxectores tradicionais, pero resulta un interesante
avance.
Este proxector de peto soporta resolucións de vÃdeo de ata 1.280 x 768 pÃxeles,
aÃnda que a súa resolución nativa é de 854 x 480 pÃxeles, podendo proxectar
unha imaxe de entre 7 e 80 polgadas, ten un contraste de 2.000:1, un
altofalante interno de 1 W (con toma para auriculares e altofalantes externos),
unha lámpada cunha vida de 15.000 horas e 2 Gb de almacenamento interno (asÃ
como lector para tarxetas microSD ou memorias USB).
Funciona cunha versión de Windows 6 CE, pode amosar directamente documentos de
Word, Excel e PowerPoint, a súa autonomÃa é de ata 75 minutos, mide 141 x 71 x
31 milÃmetros e permite captar vÃdeo a través de conexións VGA e de vÃdeo
composto.
Podemos ver detalles sobre as súas prestacións no seguinte vÃdeo: