O Acer Iconia Smart chegará a España en maio

xoves, 24 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

O Acer Iconia Smart, teléfono con Android 2.3 cunha pantalla de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 480 píxeles, procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, GPS, cámara traseira de 8 Mpíxeles e frontal de 2 Mpíxeles, Wi-Fi N e saída HDMI, chegará ao mercado español o vindeiro mes de maio a un prezo de 499 euros, que posiblemente se vexa moi reducido grazas á subvención de operadores de telefonía móbil.
O terminal ten un acabado metálico moi elegante, unhas medidas de 141,7 x 64,5 x 13,3 milímetros, 170 gramos de peso e unha pantalla en formato cinematográfico (21:9), de xeito que parece máis un MID que un móbil, o que podería convertelo un trebello ideal para os usuarios que queiran gozar dunha grande pantalla sen sacrificar a súa portabilidade.

PUBLICIDADE