O Acer Switch 5 chegará en xuño con refrixeración sen ventiladores
xoves, 27 de abril do 2017
Acer
anunciou un par de novos equipos 2-en-1 da serie Switch, que parten do
completo Switch 5, que destaca por integrar sensor de pegadas dixitais no botón
de acendido, soporte para Windows Hello e Liquid Loop (un sistema de
refrixeración sen ventiladores que permite que o equipo teñan un funcionamento
silencioso). Este equipo ten unha pantalla táctil de 12 polgadas cunha
resolución de 2.160 x 1.440 pÃxeles, incluirá un Acer Active Stylus e poderá
equiparse con procesadores Intel Core i5 e i7 de sétima xeración.
O Switch 5 pode empregarse no escritorio de xeito confortable grazas á súa
peaña traseira, e o seu teclado extraÃble está retroiluminado. Tamén conta cun
porto USB-C e outro USB-A, e o seu prezo de venda en xuño partirá dos 1.099
euros.
Para usuarios menos esixentes estará dispoñible unha versión económica (que
parte dun prezo de 499 euros) chamada Switch 3, que virá equipada con
procesador Intel Pentium ou Intel Celeron e pantalla de 12,2 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, e carecerá de retroiluminación no teclado
e Liquid Loop, de aà que sexa un produto cun prezo tan inferior, aÃnda que
resultará máis que suficiente para quen deseñe un dispositivo que combine o
mellor das tabletas e dos ordenadores portátiles, e poida empregarse tamén con
lapis dixitalizador.