O Acer Switch Alpha 12 sorprende cun sistema de refrixeración líquida

venres, 22 de abril do 2016 Marcus Fernández

Acer presentou onte un equipo portátil 2-en-1 que pode verse como unha interesante alternativa ao Surface Pro 4 de Microsoft, especialmente polo seu prezo contido, xa que o Acer Switch Alpha 12 chega tamén como un dispositivo lixeiro e compacto, con procesador Intel de sexta xeración e presumindo dun sistema de refrixeración líquida que permítelle dicir adeus ao ruído dos ventiladores que habitualmente teñen os ordenadores portátil. Seguindo a liña de Microsoft non só ten un teclado que pode separarse da pantalla (para funcionar como unha tableta), senón que tamén integra una peaña que serve para colocar a pantalla de xeito inclinado sobre a mesa.
A tableta soa pesa menos de 900 gramos (1,25 quilos incluíndo o teclado) e a súa pantalla de 12 polgadas ten unha resolución de 2.160 x 1.440 píxeles, de xeito que achegaría unha magnífica definición, especialmente se temo en conta o feito de que o seu prezo parte de só 699 euros, polo que entendemos que será un equipo moi ben recibido en Europa o mes que vén.

Vídeo de presentación do novo portátil 2-en-1 de Apple

PUBLICIDADE