O Acer beTouch E110 chega coma un móbil de baixo custo con Android
mércores, 3 de marzo do 2010
Pese a que o sistema operativo Android está presente primordialmente en terminais telefónicos de alta gama, tamén é posible integralo en dispositivos económicos, e coma exemplo diso temos o Acer beTouch E110, que conta cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas, procesador a 416 MHz, conectividade HSDPA de ata 3,6 Mbps, Bluetooth, GPS, cámara de 3,2 MpÃxeles, baterÃa de 1.500 mAh, unhas dimensións de 103,5 x 54 x 13,4 milÃmetros e un peso de 100 gramos, que chega estes dÃas a España libre por 160 euros.