O Alienware X51 chega como un PC con aires de consola de videoxogos
mércores, 18 de xaneiro do 2012
Os usuarios que gusten de xogar nun PC de altas prestacións
e que sintan envexa do atractivo deseño das consolas de videoxogos domésticas
teñen unha nova solución que pode cumprir con ambos cometidos, que chega a España da man de
Dell a un prezo de entre 799 e 1.099 euros. Falamos do ordenador de
sobremesa Alienware X51, que conta cun deseño moi moderno e agresivo e unhas
especificacións técnicas de auténtico luxo: procesador Intel Core i3/i5/i7, ata
8 Gb de RAM, ata 1 Tb de disco duro SATA a 7.200 rpm, gravadora de DVD con
carga por fenda, gráfica nVIDIA GeForce GT 545/GTX 555 con 1 Gb de memoria
dedicada, Wi-Fi N, tarxetas de son 7.1, 6 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, saÃda
HDMI 1.4, Gigabit Ethernet e altofalantes integrados.
Ao igual que acontece coas consolas de videoxogos domésticas, o Alienware X51
pode colocarse tanto en vertical como en horizontal, e non serÃa raro que
algúns decidisen conectalo directamente ao televisor do seu salón en vez de a
un monitor tradicional, para poder gozar deste equipo coma se fose cunha
videoconsola, pero tirando proveito do actual nivel gráfico do que contan os
xogos para PC.