O Apotop DW09 facilita acceder por Wi-Fi a memorias USB e tarxetas SD

luns, 22 de abril do 2013 Marcus Fernández

Cando estamos en mobilidade non son poucas as ocasións na que temos a necesidade de visualizar contidos almacenados en tarxetas de memoria e unidades USB, algo que está vedado para dispositivos con iOS como o iPhone e o iPad, de aí que presenten solucións como o Apotop DW09, un pequeno accesorio (mide 60 x 50 x 25 milímetros) que integra lector de tarxetas de memoria SD/SDHC/SDXC, porto USB e Wi-Fi, de xeito que permite compartir por Wi-Fi con ata 3 dispositivos móbiles os ficheiros almacenados en memorias externas valéndose dunha aplicación para iOS dispoñible de balde na App Store, que permite acceder a documentos, música, fotografías e vídeo, sendo incluso compatible con AirPlay para poder amosalos nun Apple TV.
Este dispositivo aliméntase por USB, pero tamén integra unha batería recargable interna, para poder empregalo en case calquera momento e lugar. O seu prezo é de 79,99 dólares (61,30 euros).

PUBLICIDADE