O Asus Eee Keyboard sairá no segundo trimestre do ano

xoves, 5 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Un prototipo do Eee Keyboard <a href="http://www.engadget.com/2009/03/03/hands-on-with-asus-eee-keyboard/">pódese ver estes días no CeBIT</a>Asus anunciou no CeBIT que o seu Eee Keyboard, equipo informático completo integrado nun teclado, chegará ao mercado durante o segundo trimestre do ano (posiblemente en maio) en dous modelos: un con cable (que se venderá a uns 400 dólareS) e outro sen fíos (a uns 600 dólares).
O Eee Keyboard vén a ser un ultraportátil de baixo custo no que se prescinde do monitor principal, pois funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, vén con 1 Gb de RAM, unidade SSD de 16 ou 32 Gb, 2 portos USB 2.0, Wi-Fi, Bluetooth, saídas e entradas de audio e saída VGA (que no modelo máis caro tamén inclúe un porto HDMI sen fíos). A maiores tamén conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas que debería servir para controlar certas funcións sen apartar as mans do teclado e o grande atractivo deste equipo estaría nos seus usos en combinación cun televisor en alta definición, tanto para a reprodución multimedia como para achegar contidos da Internet.

PUBLICIDADE