O Asus Eee PC contará con novos accesorios

luns, 3 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Esta semana previsiblemente se presentará no CeBIT a versión do Eee PC de Asus con pantalla de 8,9 polgadas con Windows XP preinstalado, pero os que xa se coñecen son os accesorios cos que contará o ordenador ultraportátil de baixo custo que pretende ser a revolución de 2008.
Temos xa imaxes nas que se pode ver unha gravador de DVD externa, un punto de acceso Wi-Fi, un accesorio para reproducir a música almacenada no Eee PC, auriculares, unha sintonizadora de TDT que pode funcionar de xeito automático e unha tarxeta HSDPA que permite achegar a banda larga móbil (ata 3,6 Mbps) e mesmo realizar chamadas e enviar SMS (funcionalidades dispoñibles só dende Windows).
Non se coñecen aínda os prezos nin as datas de lanzamento destes trebellos, pero resulta esperanzador ver cómo o Eee está a buscar a súa propia flexibilidade de xeito que, aínda que se trate dun equipo moi limitado, poida atender á demanda de moitos usuarios.

PUBLICIDADE