O Asus ZenFone 6 poderÃa situar o notch preto dunha esquina
martes, 6 de novembro do 2018
AÃnda que a pestana superior (ou notch) foi unha das caracterÃsticas máis
criticadas do iPhone X, levamos un ano no que moitos smartphones con Android a
imitaron, de aà que Android 9 incorporarse soporte nativo para esta funcionalidade,
deixando certa liberdade aos fabricantes da que algún semella que vai tirar proveito
dun xeito un tanto rechamante, pois veñen
de filtrarse imaxes do futuro Asus ZenFone 6 que incorporará un pequeno notch na liña do que tiña o Essential
Phone (ou sexa, o mÃnimo para acoller a cámara frontal) que en vez de estar
centrado, colocarase preto da esquina dereita da pantalla.
Esta posición da pestana superior poderÃa ser todo un acerto, xa que deixarÃa un
grande espazo na parte superior esquerda da pantalla, de xeito que as
notificacións non se verÃan truncadas
pola fendedura na pantalla, salvando asà unha das maiores molestias que
ocasiona o notch centrado.
Probablemente non vexamos este teléfono até o Mobile World Congress, pero
resulta curioso ver como algúns fabricantes ousan a facer as cousas dun xeito
algo distinto, aÃnda que na feira de telefonÃa de Barcelona espérase que este
ano co que sorprendan os fabricantes é con cámaras frontais situadas detrás da propia
pantalla, o que poderÃa ser toda unha revolución no aproveitamento da
superficie frontal dos smartphones sen ter que incorporar elementos retráctiles.
VÃdeo no que podemos ver o Asus ZenFone 6