O BlackBerry Curve 8310 estrease en Alemaña
mércores, 1 de agosto do 2007
O agardado terminal BlackBerry
Curve 8310 estrease no mercado desembarcando
en Alemaña da man de Vodafone, de xeito que xa podemos incorporar un teléfono
intelixente con GPS á familia de móbiles de RIM.
O Curve 8310 inclúe de serie o Vodafone Navigator, que permite ós seus usuarios
saber onde están a cada momento e que mesmo permite evitar atascos de trafico,
cortes de estradas ou malas condicións meteorolóxicas.
Aparte do GPS, o novo terminal ten caracterÃsticas habituais nos BlackBerry de última
xeración, coma unha cámara de 2 MpÃxeles (con flash baseado en LED), reprodutor
multimedia avanzado (con soporte de ficheiros MP3, MIDI, AMR-NB,
AAC/AAC+/eAAC+, WMA, MPEG4, H.263 e WMV), lector de tarxetas microSD, pantalla
de cor cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles, GSM cuatribanda, altofalante,
marcación por voz, teclado QWERTY e trackball.
Conta con conectividade Bluetooth 2.0 e mini-USB.
Ademais de mensaxerÃa BlackBerry, o terminal tamén conta con MMS e correo
electrónico, podendo ler ficheiros de Word, Excel, PowerPoint, PDF, JPEG, BMP e
TIFF.
O
BlackBerry Curve 8310 comézase a vender a 99,90 euros incluÃndo unha
tarxeta microSD de 1 Gb con 100 cancións (grandes éxitos) en MP3 precargadas
para os 5.000 primeiros compradores.