O BlackBerry KEY2 inclúe un teclado redeseñado e cámara dual
xoves, 7 de xuño do 2018
O BlackBerry
KEYone, teléfono insignia de TCL Communication baixo a marca BlackBerry e
que tivo unha resposta comercial bastante decepcionante, por fin ten sucesor, o
BlackBerry KEY2,
teléfono con teclado fÃsico baseado en Android 8.1 que integra numerosas
prestacións de seguridade, que deixa ver a súa actualización especialmente na
incorporación dunha cámara traseira dual e dunha tecla rápida (que facilita
atallos a aplicacións, contactos e funcións). O teléfono comezará a
distribuÃrse internacionalmente este mesmo mes a un prezo de 649 euros, aÃnda
que o momento no que chegará a España non se detallou (o KEYone tardou moitos
meses en comercializarse en España).
A actualización do teclado do KEY2 é un elemento moi importante, xa que
incrementou a súa altura un 20%, facéndoo máis confortable e preciso, á vez que
tamén pasou dun acabado brillante a un mate. O lector de pegadas dixitais no
teclado tamén mudou as súa mecánicas, aÃnda que o feito de incluÃr unha tecla
especial tras a que podemos premer outra das teclas para disparar un dos 52
atallos programables é un cambio que tamén agradecerán moitos usuarios.
O BlackBerry KEY2 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 660, 6 GB de RAM,
64 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB
intercambiables en quente), pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de
1.620 x 1.080 pÃxeles, cámara traseira dual con sensores de 12 MpÃxeles, cámara
frontal de 8 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, radio FM, baterÃa de 3.500
mAh (que promete máis de 25 horas de autonomÃa cun uso variado) con carga
rápida por USB-C, o seu grosor é de 8,5 milÃmetros e o seu peso de 168 gramos.
Semella que estamos ante unha boa actualización de hardware que como principal
eiva ten un prezo propio da gama alta cando realmente estamos ante un móbil de
gama media.
VÃdeo promocional do BlackBerry KEY2