O CNTG acollerá unha demostración do framework Grails
venres, 16 de abril do 2010
O vindeiro xoves, 29 de abril, o Centro
de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellaría de Traballo e Benestar, vai dar
acollida, en horario de 9:30 a 13:30 horas, a un seminario
de demostración do framework Grails.
Grails é un framework open source para
o desenvolvemento de aplicacións web baseado en Groovy e Java que segue os
principios “Don’’t Repeat Your Self”
(Non te repitas) e “Convention over
Configuration” (Convención sobre configuración), que permite engadirlle á
caixa de ferramentas a capacidade de crear prototipos ou probas de concepto en
tempo récord e permitindo, dentro do mesmo framework, a creación da base de
datos, as pantallas de altas, baixas, modificacións e borrado de maneira
automática.
Durante o
seminario, que vai dirixido a desenvolvedores, programadores e xefes de
proxecto con coñecementos de programación, realizarase unha demostración das
capacidades de Grails creando unha
aplicación web dende cero.
O relator da xornada
será D. Luis Gervaso, profesional especializado en frameworks de código aberto orientados á creación de aplicacións
baseadas en estándares web, e
coaborador, como docente, do CNTG na impartición de cursos de
programación en Java e Desenvolvemento de aplicacións con Spring, Hibernate
& JSF.
As persoas
interesadas en acudir a este relatorio, que será de balde para todo o mundo,
deberán inscribirse no mesmo a través da web do CNTG antes do vindeiro 28 de
abril.
