O Chromecast pode mercarse dende España a través de Amazon
martes, 8 de outubro do 2013
A presentación do
Chromecast de Google o pasado mes de xullo deixou a moitos usuarios europeos
con gañas de probar este pequeno dispositivo que achegaba contidos da Internet
ao televisor valéndose do smartphone para indicarlle os contidos a cargar dunha
serie de fontes determinadas (como YouTube e outros servizos de vÃdeo en liña)
a un prezo moi axustado (35 dólares), pero que a través de Google Play e outras
tendas só era posible realizar pedidos dende EE.UU., o que vén de cambiar, e Amazon.com
xa ofrece a posibilidade de realizar pedidos internacionais do trebello,
que con portes e unha fianza para sufragar posibles taxas arancelarias quedarÃa
en 47,68 euros, recibÃndose o dispositivo a finais do presente mes.
Outras tendas internacionais de Amazon (as de Reino Unido e Alemaña) tamén
están a aceptar pedidos, pero a prezos substancialmente superiores ao da tenda
norteamericana, e supón unha boa oportunidade para desenvolvedores e
entusiastas que non queren agardar a que se incorpore o dispositivo á tenda en
liña de Google en España. Cómpre destacar que estamos ante un produto que aÃnda
está nunha fase que poderiamos considerar pre-comercial, polo que non achegará
unha experiencia completa ata dentro duns meses.