O Concello de Ribeira avanza na dixitalización de diversos trámites para a veciñanza
venres, 6 de marzo do 2020
A cidadanÃa ribeirense xa pode consultar online
os seus recibos e, incluso, no caso de que non os teñan
domiciliados, pagalos sen necesidade de acudir ao Consistorio ou a
unha entidade financeira cunha simple tarxeta bancaria de débito ou
crédito. Esta foi unha das principais novidades dadas a coñecer por
parte da concelleira de Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Ana
Barreiro, quen explicou os avances que se están impulsando desde o
Concello en materia de administración electrónica e sustentable.
Para tal fin, xa está habilitada na páxina web
www.ribeira.gal un novo
apartado denominado Os teus recibos a 1 click, mediante o
cal os contribuÃntes poden acceder e consultar o estado dos seus
impostos de vehÃculos, lixo, auga e sumidoiros introducindo unha
serie de campos como DNI/CIF ou o número de recibo e o seu importe,
datos estes últimos que se poden obter na documentación que remiten
os bancos. Deste xeito, non se require autenticación con certificado
dixital ou DNI electrónico.
No que respecta aos recibos non domiciliados,
poden abonarse telematicamente a través deste mesmo sistema ao
incluÃr unha pasarela de pago que permite cumprimentar este trámite,
calquera dÃa da semana e a calquera hora, da mesma forma que se
merca nunha tenda online.
Asà mesmo, o referido apartado posibilita o pago
de recibos que están en recadación executiva, tales coma multas,
sancións, etcétera.
Por outra banda, dirixido a persoas que
teñen dificultades á hora de manexarse por Internet, a concelleira
explicou que, acudindo á Oficina de Atención Cidadá situada no
andar baixo do Consistorio, persoal municipal encargarase de asistir
presencialmente aos usuarios neste labor. Cómpre lembrar, que cada
cuadrimestre se organizan cursos gratuÃtos de alfabetización
dixital encamiñados a acurtar a chamada ‘fenda dixital’.
Ao fÃo do anuncio destas novas prestacións, Ana
Barreiro comunicou que se deixarán de enviar aos fogares os recibos
en papel destes tributos, contribuÃndo a reducir a pegada de carbono
ao eliminar unhas 50.000 impresións anuais e aforrando ao redor de
30.000 euros das arcas públicas.
A edil tamén se referiu a outros avances
coma a posibilidade de xestionar, calcular e pagar autoliquidacións
a través da sede electrónica: prezo público de actividades
culturais, cambio de titularidade en aperturas, escola municipal de
música, dereitos de exame, expedición de documentos, ICIO,
informacións urbanÃsticas, licencias de primeira utilización,
expedición de licencias de taxi e de cemiterio, uso de instalacións
deportivas e taxa por ocupación de subsolo, solo e voo, etcétera.
Outra das novidades ten que ver co pago a
provedores porque, tal e como precisou, en aras á transparencia e á
seguridade xurÃdica, os mesmos poden coñecer mediante un click
a rastrexabilidade total do gasto desde que se detecta a necesidade
ata o pago final. O sistema funciona mediante un circuÃto de firmas
automatizado polos responsables municipais autorizados, supoñendo un
aforro de tempo e unha redución en papel coa conseguinte diminución
da pegada de carbono. Cómpre salientar a este respecto que o
Concello tramita unhas 5.000 facturas anuais, ao que hai que engadir
toda a tramitación previa a cada unha delas: presentación de
orzamentos, elaboración de propostas e resolución, entre outras.
Finalmente, a concelleira anunciou que se está
traballando noutras futuras accións encamiñadas á transformación
dixital coma, por exemplo, a elaboración dunha nova app ou
as pantallas informativas que se van instalar en seis puntos do
municipio.