O Coolpad Ivvi K1 Mini convértese no smartphone máis delgado do mundo cos seus só 4,7 mm

mércores, 4 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Hai tres meses o Vivo X5 Max destacaba por ter un grosor de 4,75 milímetros, converténdose no smartphone máis delgado do mundo, e agora chega un novo terminal que quere arrebatarlle a coroa, o Coolpad Ivvi K1 Mini, que cun corpo de só 4,7 milímetros sería o smartphone máis fino que podemos atopar no mercado.
Estamos ante un dispositivo bastante aceptable pese ao seu ridículo grosor, funcionando cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 de 4 núcleos e 64 bits (posiblemente a chave para o grosor do terminal, xa que o seu reducido consumo facilita o adelgazamento da súa batería), 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, pantalla de 4,7 polgadas de alta definición, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles e incluso conectividade LTE, que ten o seu prezo fixado en 1.299 iuans (183 euros), polo que parece unha boa opción para os que queiran un terminal de gama media que resulte rechamante polo seu factor de forma.

PUBLICIDADE