O CrunchPad chegará ao mercado co nome de JooJoo

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Pese a que Michael Arrington anunciou a morte do CrunchPad, o dispositivo que estaban a desenvolver con Fusion Garage parece que finalmente verá a luz coma un tablet cunha pantalla táctil capacitiva de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, unidade SSD de 4 Gb, Wi-Fi, acelerómetro, webcam de 1,3 Mpíxeles, unha batería cunha autonomía para unhas 5 horas de uso e un sistema operativo baseado na web que permite un arranque nuns 9 segundos. Responderá ao nome de JooJoo e poderá encargarse a partires do vindeiro venres por uns 499 dólares (máis caro do que prometeran inicialmente) aínda que non chegará ao mercado ata dentro dunhas 8 ou 10 semanas.
O dispositivo foi presentado oficialmente polo máximo responsable de Fusion Garaga, Chandra Rathakrishnan, deixando ver que estamos ante un trebello capaz de ver páxinas web que fagan uso de Silverlight e Flash, e mesmo correr vídeos de YouTube a 1.080p. Conta cun único porto USB 2.0, unha toma de corrente e outra para auriculares, de xeito que as súas conexións quedan reducidas á súa mínima expresión, sendo posible conectarlle tanto un rato coma un teclado externo tanto por USB coma por Bluetooth.

O JooJoo permite acceder ao vídeos de YouTube en alta definición

PUBLICIDADE