O DJI OM 5 incorpora funcións de pau de selfie
xoves, 9 de setembro do 2021
O estabilizador para smartphones de DJI renovouse
o verán pasado estreando un sistema de suxeición magnética, facendo asÃ
máis cómodo o seu uso intermitente, e agora chega o DJI OM 5 cun cambio moito máis
rechamante, xa que, mantendo o seu tamaño de peto, incorpora un brazo
extensible, ou sexa, que tamén pode facer de pau de selfie, facilitando o
disparo de autorretratos máis nÃtidos, asà como a realización de gravacións a
un mesmo dun xeito fluÃdo (aÃnda que os máis creativos tamén poden aproveitar de
xeitos diferentes está prestacións, por exemplo, para que resulte máis cómodo
realizar gravacións a rentes do chan).
O DJI OM 5 ofrece estabilización de 3 eixes para conseguir tomas moi estables,
coa tecnoloxÃa ActiveTrack 4.0 pode facer un seguimento automático do noso
obxectivo de gravación (o que permite dende tomas moi dinámicas até gravacións
a un mesmo deixando o dispositivo nun mini-trÃpode) e incluso ten unha función
chamada ShotGuides, que axuda a que os principiantes consigan resultados asombrosos
seguindo unha serie de pautas.
O estabilizador tamén facilita a realización de vÃdeos seguindo distintos moldes
establecidos con efectos preestablecidos, como o zoom dinámico, a creación de timelapses
ou incluso a gravación de tomas xiratorias. Un trebello que achega toda unha
serie de posibilidades de gravación co noso smartphone que pode adquirirse a un prezo de 159
euros.
VÃdeo de presentación do DJI OM 5