O Galaxy A50 estrea a gama media de Samsung para 2019

luns, 25 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

A serie Galaxy A de Samsung vai renovarse este ano con novos smartphones que acheguen as últimas innovacións a terminais máis asumibles, comezando esta familia de teléfonos co Galaxy A50, un teléfono con cámara de alta calidade, batería duradeira con carga rápida e pantalla Infinity-U.
O Samsung Galaxy A50 chegará cunha pantalla Super AMOLED de 6,4 polgadas cunha resolución Full HD+, con sensor de pegadas dixitais en pantalla e cunha pinga na súa parte superior para acoller unha cámara frontal de 25 Mpíxeles con apertura f/2.0 (coa función Selfie Focus que desenfoca suavemente os detalles do fondo), mentres que na súa traseira integra unha cámara tripla cun sensor principal de 25 Mpíxeles con apertura f/1.7, acompañado por sensores de 5 e 8 Mpíxeles con apertura f/2.2, que permítenlle gozar así tanto de imaxes en ultra grande angular como dunha lente de profundidade para escoller mellor o que se quere destacar da imaxe.
Este smartphone chegará con 4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB) e batería de 4.000 mAh con carga rápida. Tamén contará con Samsung Pay, de xeito que os usuarios de móbiles de gama media poden así gozar dos pagamentos móbiles cada vez máis presentes no día a día.

O Samsung Galaxy A50 contará con cámara traseira tripla

PUBLICIDADE