O Galaxy A90 5G presume de potencia e Samsung DeX

martes, 3 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Samsung reforza a súa gama media cun smartphone que incorpora prestacións propias da gama alta, o novo Galaxy A90 5G, que non só permite gozar das novas redes de telefonía móbil 5G, senón que tamén está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 855 (de xeito que pode correr cos xogos e aplicacións máis esixentes), cámaras de grandes prestacións e, sorprendentemente, pode gozar de Samsung DeX (ou sexa, empregar o móbil coma se fose un ordenador conectándoo a unha pantalla por HDMI ou a un ordenador por USB).
O Samsung Galaxy A90 5G ten unha pantalla Super AMOLED Infinity-U Full HD+ de 6,7 polgadas que integra unha cámara frontal de 32 Mpíxeles e un lector de pegadas dixitais, a súa cámara traseira tripla ten un sensor principal de 48 Mpíxeles apoiado por un sensor de profundidade de 5 Mpíxeles e un grande angular de 8 Mpíxeles, estará dispoñible con 6 ou 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), e a súa batería de 4.500 mAh ten carga ultra-rápida de 25 watts.
Este móbil chegará mañá ao mercado surcoreano con carcasa en branco ou en negro, para chegar ao resto de mercados nas seguintes semanas.

O Galaxy A90 5G permite gravar vídeo con estabilización e optimización de escenas
Especificacións do Samsung Galaxy A90 5G

PUBLICIDADE