O Galaxy M32 chega a España cunha oferta de lanzamento
luns, 5 de xullo do 2021
O smartphone Samsung
Galaxy M32 chega a Europa como un teléfono cunha xenerosa pantalla Infinity-U
super AMOLED cunha diagonal de 6,4 polgadas e unha velocidade de refresco de 90
Hz e, como vén sendo habitual nesta gama de móbiles, unha grande baterÃa de
5.000 mAh con carga rápida de 25 watts.
Este atractivo dispositivo conta tamén cunha cámara traseira cuádrupla cun
sensor principal de 64 MpÃxeles (capaz de gravar vÃdeo en 4K) e unha cámara
frontal de 20 MpÃxeles, chegando ao noso mercado nunha configuración con 6 GB
de RAM e 128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de até 1
TB). Pode identificar ao usuario mediante recoñecemento facial ou sensor de
impresións dixitais.
AÃnda que está previsto que este smartphone teña un prezo de 329 euro, até o 18
de xullo será posible reservalo
en Amazon a un prezo promocional de 279 euros.