O Goberno axudará á modernización das pemes co Programa Kit Dixital

venres, 3 de decembro do 2021 Redacción

José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, presidiu hoxe a inauguración da 27ª Edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA) onde anunciou que antes de fin de ano o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación abrirá a primeira das convocatorias do Programa Kit Dixital.
Serán axudas en forma de bono que permitirán o acceso a diferentes ferramentas do mercado dixital a pequenas empresas.
O delegado do Goberno explicou que esta convocatoria conta con 500 millóns de euros e se repetirá até completar 3.000 millóns de euros cos que o Goberno prevé impulsar a dixitalización dun millón de pemes en España.
Na inauguración, tamén fixo referencia á aposta pola modernización e sustentabilidade do comercio local. Aos expositores da Mostra, achegoulles que este ano o Plan de Recuperación xa mobiliza 415 millóns de euros en zonas urbanas e rurais comerciais para o fortalecemento destas áreas.

PUBLICIDADE