O HP Spectre x360 sube o nivel dos portátiles convertibles
luns, 2 de marzo do 2015
Dende
o lanzamento de Windows 8 os ordenadores portátiles convertibles convertéronse
en produtos cada vez máis populares, especialmente nas liñas de produto de alta
gama, e asà temos equipos como o novo HP
Spectre x360, que presenta unha pantalla táctil de 13 polgadas que pode
xirarse para que o equipo se comporte como unha tableta, o que o dota dunha
grande versatilidade, o que supón un importante valor engadido a un portátil de
elegante deseño e bo acabado con evidentes reminiscencias ao MacBook Air de
Apple.
Entre os detalles máis salientables do HP Spectre x360 estarÃa a súa autonomÃa,
que promete ser de até 12,5 horas e o feito de comercializarse con dúas resolucións
de pantalla diferentes: 1x.920 x 1.080 pÃxeles e 2.560 x 1.440 pÃxeles. Pese ao
avanzado destes equipos, os seus prezos son moderadamente axustados, partindo
dos 899,99 dólares para o equipo cun procesador Intel Core i5 de dobre
núcleo con gráfica Intel HD 5500, 4 GB de RAM e 128 GB de SSD, mentres que por
1149,99 dólares xa teriamos o modelo con procesador Intel Core i7, 8 GB de
RAM e 256 GB de SSD. Na configuración máis elevada (procesador Intel Core i7, 8
GB de RAM, 512 GB de SSD e pantalla Quad HD) o prezo chegarÃa aos 1.399,99
dólares).
VÃdeo promocional do HP Spectre x360