O HP TouchSmart 310 populariza o prezo dos todo-en-un con pantalla táctil
martes, 21 de setembro do 2010
As pantallas
táctiles son cada vez máis habituais en ordenadores portátiles e de sobremesa,
avanzando cara a súa popularización con equipos coma o HP
TouchSmart 310, un ordenador todo-en-un cun procesador de dobre núcleo
Athlon II 240e a 2,8 GHz, 4 Gb de RAM, gráfica integrada Radeon HD 4270, 1 Tb
de disco duro, Wi-Fi N, Bluetooth, sintonizadora de TDT (opcional), lector de
tarxetas de memoria, gravadora de DVD, 6 portos USB 2.0 e unha pantalla táctil
de 20 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 pÃxeles, que funciona co sistema
operativo Windows 7 cunha capa gráfica que axuda a utilizar de xeito táctil
servizos coma Facebook, Hulu, Netflix ou Twitter, e que chegará ás tendas a un
prezo de partida de 699 dólares (525,65 euros) reducindo considerablemente o
prezo de entrada para esta tecnoloxÃa, o que deberÃa incrementar a súa presenza
nos fogares, onde un público infantil/xuvenil poderÃa agradecer especialmente a
capacidade táctil da súa pantalla.
HP tamén presentou o seu equipo HP Omni100, que serÃa outro equipo todo-en-un
que, ao prescindir das capacidades táctiles do seu irmán (e lixeiramente as súas prestacións en case todos os aspectos),
consegue reducir o seu prezo a 499 dólares (375,25 euros).
- O HP Omni100 presenta un prezo reducido ao carecer de pantalla táctil