O HTC Desire 400 chega a Rusia con dobre SIM

luns, 23 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Para chegar a un maior público, HTC continúa incorporando terminais á súa familia Desire, e o último smartphone en estrearse na mesma, polo momento só en Rusia, é o HTC Desire 400 con dobre SIM, que chega cunha pantalla de 4,3 polgadas con resolución WVGA, procesador Qualcomm Snapdragon 200 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb), 3G, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, son Beats Audio, cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED, cámara frontal de 1,6 Mpíxeles con sensor BSI, batería de 1.800 mAh, un grosor de 9,9 milímetros e un peso de 123 gramos.
Estamos así ante un bo dispositivo de entrada, que supón unha interesante mellor con respecto ao HTC Desire 300, especialmente por contar con máis RAM e unhas mellores cámaras, dando a impresión de que estariamos ante a versión para mercados emerxentes do HTC Desire 500 (dispoñible dende hai meses en España a pouco máis de 200 euros).

O HTC Desire 400 chega con Android e a capa de usuario HTC Sense

PUBLICIDADE