O HTC Desire C aspira a ser un móbil asumible con Android 4.0

martes, 15 de maio do 2012 Marcus Fernández

A familia de móbiles HTC One, pensados como dispositivos de entrada, acolle a un novo integrante, o HTC Desire C, que incluíndo Android 4.0 e a tecnoloxía Beats Audio pretende manterse nunha gama de móbiles a un prezo asumible. A este interesante móbil tampouco lle faltará a personalización de interface HTC Sense 4.0 e 25 GB de almacenamento na nube a través de Dropbox, redondeando un produto con pantalla e 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámara de 5 Mpíxeles e incluso un modelo con NFC.
Este interesante novo móbil terá unhas medidas de 107,2 x 60,6 x 11,95 milímetros, un peso de 98 gramos e chegará en 3 cores distintas (vermello, branco e negro). Para facernos unha idea do que ofrecerá, velaquí temos o seu vídeo de presentación:

O móbil estará dispoñible en varias cores entre as que figura o branco

PUBLICIDADE