O HTC Explorer preséntase como un smartphone económico

xoves, 29 de setembro do 2011 Marcus Fernández

HTC presentou un novo terminal Android 2.3.5 que busca ser un dos smartphones máis asumibles do mercado, o HTC Explorer, que cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles e cámara de 3 Mpíxeles permite ofrecer as prestacións propias dun teléfono intelixente, sen ter un prezo elevado, á vez que fai moi agradable a experiencia de uso grazas á interface HTC Sense 3.5, que incluso permite situar distinta información importante na súa pantalla de bloqueo (como actualizacións das redes sociais, fotografías, información meteorolóxica...) e mesmo un atallo para acceder á cámara do móbil dun xeito áxil. Tamén conta cun Smart Dialer, un novo marcador telefónica para poder chamar dun xeito doado aos nosos contactos.
O terminal funciona cun procesador a 600 MHz e 512 Mb de memoria interna. O seu lanzamento agárdase para o último trimestre do ano en distintas cores (un par de tons de negro e un ton de azul mariño) e incluso con carcasas traseiras opcionais (en azul, laranxa, branco e púrpura).

PUBLICIDADE