O HTC Gratia amplÃa a familia de móbiles económicos con Android 2.2
luns, 18 de outubro do 2010
Antes do verán
chegou aos EE.UU. o móbil con Android HTC Aria, e por
sorpresa chega agora ao mercado europeo unha revisión
do mesmo baixo o nome de HTC Gratia, que por fortuna inclúe de serie o
sistema operativo Android 2.2 e que busca facerse un oco xunto ao HTC Wildfire
coma un terminal económico con case todas as posibilidades que abre o sistema
operativo promovido por Google.
O HTC Gratia ten unha pantalla capacitiva de 3,2 polgadas cunha resolución de
320 x 480 pÃxeles, funciona cun procesador Qualcomm MSM7226 a 600 MHz, ten 384
Mb de RAM, 512 Mb de ROM, 3G/HSPA, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, 4 botóns táctiles,
trackpad óptico, cámara de 5 MpÃxeles con enfoque automático e gravación de
vÃdeo a 640 x 480 pÃxeles, lector de tarxetas microSD, porto micro USB, toma para
auriculares estándar, radio FM, GPS, compás dixital e a interface HTC Sense.
Mide 103,8 x 57,7 x 11,7 milÃmetros, pesa 115 gramos e chegará ao noso mercado
no mes de novembro.