O HTC Holiday podería ser un móbil con Android e pantalla de 4,5 polgadas

martes, 16 de agosto do 2011 Marcus Fernández

¿Ata qué tamaño poden chegar os teléfonos móbiles son pasar a converterse en MID? Parece que non está nada claro, e para levar a definición de smartphone ao límite filtrouse no foro de XDA Developers unha imaxe do terminal HTC Holiday, que aparte de gozar dun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles e sistema operativo Android 2.3.4, sorprende pola súa pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, o que parece extraordinariamente grande para un móbil que poidamos levar comodamente no peto, aínda que usuarios afeitos a portar teléfonos con pantallas de 4,2 polgadas posiblemente non verán ningunha pega nas 0,3 polgadas adicionais do terminal que aínda non ten data de saída.

PUBLICIDADE